Remata a campaña da sardiña tras esgotarse a cota asignada

1 minutes read

Este venres remata a campaña da sardiña, e faino case catro meses despois de empezar.  Finaliza a campaña para os cerqueiros galegos e para os do Cantábrico, dado que esgotaron a cota asignada, case 8 mil toneladas. Por iso o Ministerio de Pesca pecha a captura da sardiña desde este venres en Galicia. Agora os barcos galegos poden comprarlle a cota os barcos que pescan no golfo de Cádiz e que aínda non esgotaron os topes. De momento poderemos seguir vendo sardiña nos mercados porque os barcos do xeito aínda poden seguir pescándoa porque eles non esgotaron a cota asignada.