Remata a limpeza do río Tinto e do rego do Fixo, no concello de Teo

1 minutes read

Os traballos desenvolvéronse ao seu paso por distintos lugares da parroquia de San Xoán de Calo. Os dous treitos obxecto das intervencións no río Tinto suman máis de 3 km de lonxitude e no rego do Fixo os traballos realizáronse ao longo de 1,4 km. En ambos os dous casos as tarefas centráronse na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedan despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas. Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-centro e nas súas zonas de acceso e protección.