Remata a Semana da Cultura Urbana de Vimianzo co pintado de varios murais

1 minutes read

A alcaldesa, Mónica Rodríguez visitou os talleres de murais colaborativos nos que participan as veciñas e veciños da vila de 10 ou máis anos. Neste caso, achegouse ata a piscina municipal onde valorou o traballo artístico que se está a levar a cabo.
Trátase dunha nova iniciativa lúdica e de aprendizaxe sobre a arte máis de rúa que achegará á mocidade diferentes talleres e espectáculos multidisciplinares na praza do Concello, ademais de contar coa intervención pictórica de dous muralistas galegos e un artista nacional.

O programa, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, remata este domingo 21 de agosto na praza do Concello cunha xornada de portas abertas na que se desenvolverán talleres de breakdance, Dj, rap, parkour, graffiti, estampación de camisetas e slackline (deporte de equilibrio que se practica cunha cinta en en tensión anclada en dous soportes fixos) en horario de 18:00 a 21:00 horas. Ao remate da xornada urbana terá lugar o espectáculo ‘Ópera Breaks’, un show que mestura a ópera da soprano Esperanza Mara (EmanArte) cos ritmos urbanos de artistas da ‘Vella Escola’ nun formato moi innovador.