Remata a tempada de salvamento e socorrismo nas praias de Ponteceso

1 minutes read

Ponteceso fai balance do servizo de salvamento e socorrismo do verán 2022, o primeiro sen restricións de ningún tipo pola pandemia. En xeral foi un verán tranquilo no que os postos de socorrismo e salvamento fixeron unha boa labor de prevención.

En total, leváronse a cabo 130 intervencións nos catro areais de Ponteceso (Osmo, A Ermida, Niñóns e Balarés) e os socorristas só tiveron que facer 4 rescates, dous na praia de Balarés e outros dous na do Osmo, en Corme.A meirande parte das veces que os socorristas tiveron que axudarlle aos bañistas foi por picaduras de escarapote, sobre todo, na praia de Balarés, que rexistrou 46 das 84 picaduras.A segunda causa que máis atendeu o equipo de salvamento foron os cortes. Nesta ocasión tamén foi Balarés onde máis cortes se produciron (14 dun total de 24).Os socorristas tamén tiveron que intervir ante picaduras de insectos, picadas por obxectos punzantes, queimaduras a causa do sol.

Desde o Concello de Ponteceso agradécenlle ós equipos de socorrismo e salvamento o seu traballo e celebran que non houbese que lamentar incidencias graves nos areais.