Remata con éxito o ciclo de dixitalización básica que se impartiu en Carballo

28 veciños e veciñas de carballo veñen de rematar con éxito o ciclo de dixitalización básica que se impartiu desde o 26 de marzo ata o 27 de maio no Fórum Carballo, dentro do proceso de dixitalización de Galicia a través de fondos que proveñen da Unión Europea no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia. O concelleiro de Innovación, Formación, Emprego, Axenda Urbana e Fondos Europeos, Iván Andrade, asistiu ao acto de clausura, no que animou ás persoas participantes a continuar formándose para mellorar a súa empregabilidade.

O ciclo de dixitalización básica incluíu cinco especialidades formativas do catálogo do Servizo Público de Emprego (SEPE), con 200 horas de formación práctica, módulos de igualdade e orientación para o emprego. Ao remate entregóuselle ao alumnado o ordenador portátil co que traballaron durante estes dous meses.

Related posts

Unha muller tivo que ser evacuada en ambulancia tras tropezar nun buraco e caer na rúa Gran Vía de Carballo

Rebenta unha antiga balsa no Monte Neme e arrasa a estrada que une Leiloio con Razo

O alcalde de Laxe analiza coa Xunta a posta en valor dos recursos turísticos da vila