Remata a exposición «Nós somos elas», coa colaboración do Concello de Laxe

Esta fin de semana ofrecerase a última oportunidade de ver na Mariña da Coruña a exposición «Nós somos elas» que ofrece unha selección de imaxes de mulleres do Arquivo Vidal con textos de 24 poetas. Ao longo do mes de agosto, foron milleiros as persoas que se achegaron a esta mostra ao aire libre organizada pola área de Igualdade da Deputación da Coruña e a AC Alexandre Bóveda coa colaboración do Concello de Laxe. Fotografías do Arquivo Vidal de Laxe con mulleres como protagonistas e poemas de vintecatro autoras compoñen a exposición «Nós somos elas» co foco protagonista posto nas mulleres, retratadas no seu ámbito privado e laboral polos fotógrafos de Laxe e con voz propia asinando os textos cos que dialogan as imaxes. Mulleres acompañadas dos seus fillos e fillas son os conxuntos máis repetidos nos 24 retratos seleccionados do Arquivo Fotográfico Vidal, concretamente de José Mª Vidal, da colección permanente do Museo de Mar de Laxe que se poden ver estes días e até fin de mes no Parrote.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha