Remata o período de baixas voluntarias no ERE do Banco Santander. 3.069 traballadores adheríronse ás condicións ofrecidas pola entidade. Supoñen o 95% do total de baixas que pactaron antes do verán a dirección do Santander e os sindicatos. O 55% das saídas se produce pola vía das prexubilacións e o resto, a cambio de indemnizacións. O 55 % das saídas, o que equivale a 1.708, prodúcese vía prexubilacións e o 45 % restante ou 1.361, mediante indemnizacións. O 82 % do axuste laboral afecta á rede de oficinas do banco, o que equivale a unha redución de persoal de 2.521 efectivos. Atendendo ao recorte de persoal na rede, as territoriais máis afectadas son Andalucía, coa marcha de 398 traballadores, e Madrid, con 354 empregados; por encima en ambos os casos de Valencia e Murcia, con 273 afectados; Galicia, 249 ou Castela e León, con 238. En Cataluña saíron 221 traballadores; no País Vasco, 152; na territorial de Aragón-Navarra-A Rioxa, 141; en Cantabria-Asturias, 130; en Castela-A Mancha, 127; en Canarias, 112; en Estremadura, 81 e en Baleares, 33. Completa a lista as 8 saídas da territorial virtual e as 4 de grandes superficies.
36