Rematou o loito oficial máis longo da historia da democracia

Todas as institucións pecharon cun minuto de silencio o derradeiro dos dez días de loito oficial, o período máis longo declarado en democracia en España. Milleiros de cidadáns sumáronse á lembranza das vítimas do coronavirus nas prazas e nos exteriores de concellos e organismos públicos. Tamén nas institucións autonómicas. Ás doce da noite as bandeiras deixaron de ondear a media hasta nos edificios públicos de todo o país.