0
Hoxe venres ás 23:59 horas rematará o prazo para que calquera persoa empadroada no termo municipal da Laracha e maior de dezaoito anos de idade solicite a súa participación no programa Eu merco na Laracha que impulsa o Concello co propósito de dinamizar e reactivar o comercio local. Tamén conclúe o período para que as pequenas e medianas empresas do termo municipal de calquera actividade comercial (incluídas as do sector servizos) se sumen a esta iniciativa. Para facelo é preciso rexistrarse cubrindo en liña o formulario que está dispoñible na web www.eumerconalaracha.alaracha.gal ou ben de forma presencial no edificio administrativo da Laracha.