Remata o soterramento das liñas de cableado na igrexa de San Martín de Riobó, en Cabana

1 minutes read

O Concello de Cabana de Bergantiños avanza no seu plan de melloras no rural co remate das obras de soterramento do cableado da iluminación na igrexa de San Martín de Riobó.

A actuación implicou a substitución das liñas aéreas de alumeado e de baixa tensión que cruzaban por diante da igrexa e das vivendas do lugar, provocando unha desintegración paisaxística coa contorna natural que a rodea.

Os traballos que se desenvolveron implicaron a canalización subterránea de alumeado, executando para iso un furado de 46,00 metros de lonxitude e a canalización subterránea de baixa tensión, a través doutro furado de 78,00 metros. Ambas canalizacións levan no seu interior o cableado necesario para poder eliminar la mala imaxe que provocan los cables aéreos. Ademais tamén se pavimentou con formigón o firme anexo á igrexa.

Deste xeito mellorase a estética dun enclave que acolle un dos eventos máis sinalados do verán cabanés, a Tarde – Noite no Medievo, festa que congrega nas inmediacións do templo a centos de asistentes.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?