Remata sen acordo a fusión entre Sabadell e BBVA

Fonte: bbva.com

Así o manifestaron ambas entidades en senllos feitos relevantes remitidos á Comisión Nacional do Mercado de Valores. Segundo o Sabadell, o motivo do desacordo foi a execución de troco de accións entre ambas entidades. A entidade catalá considera que o prezo ofrecido polo banco vasco é insuficiente, e asegura que agora se vai centrar en medrar en España. Esta fusión xeraría un grupo financeiro con case 1 billón de euros en activo e un tamaño en España moi semellante ao que vai ter o banco que saia da fusión entre Caixabank e Bankia. Segundo a media dos analistas, a fusión de BBVA e Sabadell xeraría un aforro de custos duns 700 millóns de euros ao ano e un beneficio contable polo fondo de comercio negativo de polo menos 7.000 millóns de euros.