A temporada de Segunda B e Terceira rematou e non hai descensos, polo que xa descansan o Celta B, o Racing de Ferrol, o Pontevedra e o Coruxo, que por un posto non accede ó playoff exprés de ascenso para os catro primeiros. Na Terceira División tampouco hai descensos e ascenderá un equipo de cada un dos 18 grupos, Bergantiños e Paiosaco manterán a categoría. No grupo galego os catro primeiros xogarán o playoff exprés. Tamén finaliza a liga de Primeira feminina. O Deportivo Abanca, no ano da súa estrea, remata cuarto. O Barcelona proclámase campión e a final de Copa xógase a próxima temporada. A Liga xuvenil tamén está acabada. O Celta, co mellor coeficiente de todos os líderes, logra a praza para participar na Uefa Youth League, a Champions xuvenil.
44