Rematada a campaña de trampeo da avespa velutina en Carballo

Fonte: www.ecologistasenacción.org / Dereitos de autor: Pablo Bahillo de la Puebla

O mes de maio rematou, e tamén o fixo a campaña de trampeo da avespa velutina, unha iniciativa do Servizo Municipal de Control de Pragas de Carballo que se iniciou no mes de marzo, e cuxa finalidade é reducir a presenza desa especie invasora no municipio.

Este ano colaboraron 58 persoas, o que permitiu colocar 737 trampas, 312 máis que no 2018. As capturas tamén se incrementaron, conseguindo atrapar a 12.511 raíñas en total.

As cifras detalladas son as seguintes:

PARROQUIA Nº DE RAÍÑAS
Aldemunde 241
Ardaña 378
Artes 876
Berdillo 761
Bértoa 173
Cances 95
Carballo 1.948
Entrecruces 141
Zona Baldaio 1.427
Razo-Oza 2.369
Rus 2.708
Sísamo 564
Sofán 499
Goiáns 331
TOTAL 12.511

O Servizo Municipal de Control de Pragas contou de novo este ano coa axuda dos apicultores e tamén de moitos particulares. Agora, unha vez rematada a campaña, procederase á retirada das trampas para non xerar residuos e tamén para evitar que caian nelas outros insectos.

Desde o Concello de Carballo agradecen a colaboración da cidadanía neste traballo colectivo contra unha especie invasora que está a incidir moi negativamente tanto na poboación de abellas coma en actividades coma a produción de mel ou de froita.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha