Rematada a primeira fase de rehabilitación do paseo de Cereixo, en Vimianzo

Rehabilitación del paseo de Cereixo_Concello de Vimianzo

  • A maior parte da infraestrutura para peóns está executada en madeira e os cimentos están rematados en pedra

O Concello de Vimianzo rematou a primeira fase do proxecto de reparación e rehabilitación do paseo de Santiago de Cereixo, actuacións que contaron cun orzamento de 196.247 euros baixo a financiación da Consellería do Mar para estratexias de desenvolvemento local.

O obxectivo desta intervención, na que se cubriron preto de 1.380 metros cadrados, é solucionar as frecuentes inundacións que se producen en época de choiva e crecida como a acontecida en decembro de 2018, que provocou danos catastróficos tanto na estrutura de practicamente todos os tramos do paseo como nos pavimentos de madeira, material que foi renovado por completo.

Este fermoso paseo atópase nun espazo natural e etnográfico á beira do río Carnés. Alberga un parque, un castelo e unha fortificación que datan do século XVI, así como a capela Románica de Santiago de Cereixo entre outros elementos arquitectónicos. Debido a isto, e para que o impacto de actuacións fose mínimo, a rehabilitación desenvolveuse por fases. Empregáronse materiais xa existentes nestes espazo, como a madeira de piñeiro para as varandas e revestimentos verticais, e o granito gris para a delimitación e os remates dos camiños.

O goberno local decidiu incluír unha serie de modificacións nalgún tramo e de maneira adicional, contemplando así o emprego da pedra en maior medida para acadar unha superficie ríxida e compacta que contribúa a minimizar o impacto de posibles futuras inundacións. Instaláronse ademais novos modelos de luminarias, bancos e papeleiras. Por outra banda, o proxecto inclúe unha preinstalación da rede de saneamento que sirva ás vivendas ao pé da estrada DP-1603, consistente nun colector soterrado e un pozo.

O edil de Obras, Miguel Ángel Pérez, salientou a importancia de dar solución a un problema de «moito calado» no paseo de Cereixo, unha zona «de gran relevancia histórica e patrimonial» e moi castigada polas inclemencias meteorolóxicas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha