Rematada a senda peonil entre o albergue de peregrinos e o centro de Ordes

Remataron as obras de execución dunha senda peonil entre o albergue de peregrinos de Poulo e o centro de Ordes, cun investimento autonómico superior aos 640.000 euros.
O itinerario esténdese pola marxe dereita da estrada autonómica AC-524 no treito comprendido entre os puntos quilométricos 0+500 e 2, dándolle continuidade ao itinerario xa existente.

Esta actuación ten como finalidade mellorar a seguridade viaria na zona, separando o tráfico peonil do tráfico rodado e fomentar unha mobilidade máis segura, sustentable e respectuosa co medio. O novo treito conecta coa pousada de peregrinos e permite unir outros focos de atracción como os centros educativos IES Nº1, o colexio Alfonso Rodríguez Castelao, os pavillóns polideportivos ou os locais comerciais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha