Rematadas as beirarrúas e o muro de carga no núcleo vimiancés de Lexas

Muro de carga en Lexas_Concello de Vimianzo

  • Un problema de filtracións provocara un corremento de terra importante con risco de desprendemento

A aldea de Lexas xa dispón dunha novas beirarrúas a ambas marxes da calzada, así coma un muro de carga e unha baranda realizados para superar un desnivel de terreo coincidente co límite de entrada neste núcleo vimiancés. Desde o Concello sinalan que esta intervención «era moi necesaria xa que un problema de filtracións da estrada provocara un corremento de terras importante e con risco de desprendemento».

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, foi a encargada do levantamento dun muro de contención de 160 metros que garante a seguridade na marxe esquerda da vía, namentres que os traballos municipais, a través do equipo de albaneis do Concello, consistiron no cambio e limpeza das baldosas a ambas marxes da vía e a reposición da baranda.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha