Rematadas as obras na estrada entre A Canosa e Pereiro Vello, en Carballo

1 minutes read
  • Estas actuacións forman parte dun proxecto de aglomerados no que o Concello investiu no último ano máis de 800.000 euros

No Concello de Carballo quedaron rematadas as obras de aglomerado da estrada que une A Canosa, na parroquia de Rus, e o Pereiro Vello, en Entrecruces. Os traballos, executados pola empresa Arias Infraestructuras por 238.992,77 euros, consistiron na regularización de anchos da vía e no estendido dunha nova capa de rodaxe. O proxecto tamén incluíu a instalación da rede de abastecemento de auga aos lugares da Canosa, Braña de Abaixo e Braña de Arriba, e a sinalización correspondente, que se completará nos vindeiros días.

O alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas; e concelleiro de Mobilidade, Juan Seoane, fixeron un percorrido pola estrada que comunica ambos núcleos. Estas actuacións forman parte dun proxecto de aglomerados no que o Concello investiu no último ano máis de 800.000 euros.