Rematadas as obras de estabilización do muro do aparcadoiro do Hospital Materno Infantil


A intervención, cun investimento autonómico de máis 48.000 euros, centrouse na reconstrución do muro que sufriu desprendementos como consecuencia do mal estado dunha tubaxe que se atopaba na zona e dos temporais de chuvia do inverno.

As actuacións que se veñen de rematar permitiron reforzar a estabilidade desta infraestrutura coa fin de garantir a seguridade na contorna. Os traballos consistiron na execución do muro de coieira e reposición dos servizos afectados como o alumeado público, o abastecemento ou a xardinería.

Tamén se repuxo o tramo de beirarrúa afectado, mediante a nova instalación de bordo prefabricado de formigón e pavimento de baldosa hidráulica. Ademais, colocouse unha varanda de protección de peóns.