As tarefas realizáronse na rúa do Recreo, que comeza no quilómetro cero da vía. Deste xeito renovouse o firme da estrada e a súa sinalización. As obras incluíron o tratamento superficial do firme con microaglomerado, mellorando a situación na que se atopaba a estrada. Tamén se repintaron as marcas viarias, incluíndo o pintado dun «stop» e dunha sinal de velocidade. Colocáronse 8 sinais reflexivas e unha barreira de seguridade metálica tipo bionda ao longo de 60 metros lineais e limpouse a tajea.
As obras, financiadas pola Deputación da Coruña, tamén incluíron a apertura de cunetas en ambas marxes da estrada, roce de taludes e limpeza e formación de arcéns ao longo de dous quilómetros.
A actuación inclúese no Plan de Conservación de Vías Provinciais e permitirá mellorar a seguridade do tráfico rodado da zona.