Rematadas as obras de reforma da Base de Unidade Operativa de Dumbría

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e o alcalde de Dumbría, Raúl González, realizou unha visita técnica á Base de Unidade Operativa (BUO) da localidade, que acaba de rematar as súas obras de reforma.

As melloras consistiron esencialmente no acondicionamento de vestiarios, duchas, zonas de descanso, almacéns para material e instrumental de traballos, ademais dos recintos para gardar os vehículos. Dotouse tamén de novo mobiliario ás súas instalacións para completar a actuación.

A edificación, localizada no concello de Dumbría, é o punto de encontro do persoal das brigadas forestais. Con estas melloras, preténdese favorecer a conciliación entre descanso e traballo dos bombeiros e axentes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha