Rematadas as obras na Oficina Rural de Baio

A Oficina Rural de Baio, no concello de Zas, vén de rematar o proceso de reforma das súas instalacións, unha actuación promovida pola Consellería do Medio Rural para a que se destinou un orzamento total de algo máis de 105 mil euros.

As melloras correspondéronse con varias actuacións nas que acometeron diferentes obras, renovouse o mobiliario e instaláronse puntos de carga para vehículos. O obxectivo desta reforma é ofrecer unha mellor atención á cidadanía e aos traballadores da propia oficina.

Estas actuacións permitiron mellorar o espazo no que se atopa a Oficina Rural de Baio, que dá servizo aos veciños dos concellos de Zas, Camariñas e Vimianzo. Nela, préstanse atención xeral á cidadanía na materia que lle compete, ademais de servizos agrarios e veterinarios.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha