Rematadas as obras na rúa Voluntariado en Corme-Porto cun investimento de máis de 80.000 euros

Tratouse dunha actuación considerada estratéxica polo goberno local, tanto pola súa importancia para a mobilidade como pola posta en valor do espazo urbano e que contou cun investimento total de 80.113,10 euros.

Esta intervención supón unha clara aposta pola mellora das infraestruturas municipais e pola calidade de vida da veciñanza, contribuíndo á modernización dunha zona clave de Corme-Porto.

Desde o goberno municipal xa se está a traballar na continuidade do proxecto, coa intención de impulsar unha segunda fase o antes posible, que abranguería a contorna da Praza da Constitución, ampliando así o alcance desta actuación inicial.

O alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, destacou que “esta obra foi unha aposta de valor moi importante para o noso concello, que mellora notablemente un espazo moi utilizado pola veciñanza e visitantes”.

Así mesmo, engadiu que “o noso compromiso é seguir traballando para que a segunda fase sexa unha realidade o máis pronto posible, completando así unha actuación clave para Corme-Porto”.

O rexedor tamén quixo subliñar que “seguiremos traballando con intensidade tanto en Corme como en Ponteceso, co obxectivo de continuar mellorando os servizos e os espazos públicos en todo o municipio”.

Related posts

Rescatados por surfeiros un pai e a súa filla logo de que a corrente os arrastrase na praia Area Maior de Malpica

Aspaber 50 anos: traxectoria, compromiso e futuro

Conclúe na Laracha a acción formativa de “Operacións de Caixa e reposición”, do Programa Integrado de Emprego