34
- As intervencións contaron cun orzamento de máis de 52.000 euros
O Concello de Cabana finalizou as obras de mellora en varias vías da parroquia de Silvarredonda, cuxo investimento alcanzou os 52.315 euros con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña.
Os traballos realizáronse nunha estrada do núcleo de Paradoa e na conexión entre este lugar e Xesteira. En ambas estradas procedeuse ao acondicionamento das cunetas e o seu recheo con zahorra para, finalmente, dispoñer unha capa de aglomerado asfáltico.
O rexedor cabanés, José Muíño, lembrou que esta actuación está incluída nun proxecto maior para seguir mellorando a rede de estradas municipais.