Rematadas as roldas de contacto do BNG cos centros de secundaria de Carballo

1 minutes read
  • O parlamentario Daniel Pérez estivo acompañado por Evencio Ferrero, Mar Eirís e Iván Andrade

O deputado do BNG no Parlamento de Galicia, Daniel Pérez, rematou no IES Isidro Parga Pondal a rolda de contactos cos centros de secundaria carballeses que puxo en marcha ao inicio do trimestre. Nesta ocasión estivo acompañado polo alcalde, Evencio Ferrero; pola concelleira de Educación, Mar Eirís, e polo concelleiro de Formación e Emprego, Iván Andrade.

O tema central da xuntanza foi a análise da oferta de ciclos formativos e as perspectivas que se abren co novo Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), que recolle a visión da Comisión Europea dunha educación dixital de alta calidade, inclusiva e accesible en Europa.

Daniel Pérez, que puxo en valor unha vez máis o traballo que están a desenvolver os equipos directivos e os claustros durante a pandemia, quixo coñecer de primeira man a situación e as necesidades do IES Parga Pondal para poder trasladalas ao Parlamento de Galicia de ser necesario.