Rematado o mural do pavillón Víctor Vigo de Camariñas

0 minutes read

O Concello de Camariñas rematou o mural decorativo do pavillón municipal Víctor Vigo. A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua; a concelleira de Cultura, Encaixe e Turismo, Encarna Liñeiro e o concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, deron conta do fin do traballo artístico que levaron a cabo os representantes da organización Mutante Creativo, Marcos e Lidia. O mural mestura encaixe e deporte, xa que son as principais actividades que se levan a cabo nesta instalación municipal.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?