Rematado o mural homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, dentro do proxecto Vimianzo M.O.L.A

1 minutes read

Quedou rematado o mural homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, dentro do proxecto Vimianzo M.O.L.A no que participou a rapazada do municipio con pintura fotocatalítica, que absorbe o dióxido de carbono e os óxidos de nitróxeno (responsables do efecto invernadoiro), contribuíndo así á plantación de 24 especies arbóreas no núcleo do pobo. 

Cada metro cadrado desta pintura equivale ao efecto «depurativo» que exerce unha árbore sobreo medio ambiente, supoñendo os 24 metros cadrados de superficie que abarca a obra á plantación que comentabamos con anterioridade. 

Desde o Concello de Vimianzo agradecen a toda a rapazada a súa implicación nesta acción, que non só quedará para a posteridade, senón que tamén contribuirá á concienciación e educación ambientais toda vez que supón un beneficio para a contorna.