Rematado o mural homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, dentro do proxecto Vimianzo M.O.L.A

Quedou rematado o mural homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, dentro do proxecto Vimianzo M.O.L.A no que participou a rapazada do municipio con pintura fotocatalítica, que absorbe o dióxido de carbono e os óxidos de nitróxeno (responsables do efecto invernadoiro), contribuíndo así á plantación de 24 especies arbóreas no núcleo do pobo. 

Cada metro cadrado desta pintura equivale ao efecto «depurativo» que exerce unha árbore sobreo medio ambiente, supoñendo os 24 metros cadrados de superficie que abarca a obra á plantación que comentabamos con anterioridade. 

Desde o Concello de Vimianzo agradecen a toda a rapazada a súa implicación nesta acción, que non só quedará para a posteridade, senón que tamén contribuirá á concienciación e educación ambientais toda vez que supón un beneficio para a contorna. 

Related posts

Arquitectura, microtoponimia e augas termais; na segunda edición das xornadas ‘Carballo na Memoria’

Rescatan un grupo de persoas aos que lles sorprendeu a noite nunha ruta de sendeirismo en Carnota

O Concello de Zas ten aberto o proceso de contratación de catro grandes obras que suman máis de 554.000 euros