Rematado o proxecto da nova pasarela do Parque do Anllóns, en Carballo

0 minutes read
  • Estes días completouse a obra coa instalación de luminarias

Esta semana completouse o proxecto da nova pasarela do Parque do Anllóns, en Carballo, coa colocación da iluminación. Tal e como sinalan desde o Concello, a luz actívase co alumeado público e, por «cuestións de eficiencia», permanecerá acendida durante 2 horas.

A luz ilumina a zona do paseo pero non o río para «non afectar á vida fluvial», explican desde o consistorio.