Rematado o proxecto de ampliación do hospital de Santiago

1 minutes read

Suporá un crecemento de 30.000 metros cadrados, o que significa case un 30% máis de superficie para este centro sanitario, que medrará en dous dos seus tres edificios. Trátase dun investimento global de ao redor de 60 millóns de euros, e vai ser unha ampliación cunha incidencia directa no laboratorio de microbioloxía, na área de autopsias, na área de urxencias e, particularmente, nas urxencias pediátricas, nas áreas de endoscopias, nos bloques cirúrxicos, nas unidades de hospitalización, no hospital de día e noutras unidades como mama, neumoloxía, alerxia, dor, anestesia ou cirurxía plástica e maxilofacial.

Para poder licitar a obra é necesario avanzar na tramitación urbanística, polo que a consellería de Sanidade xa se puxo en contacto co Concello de Santiago, co obxecto de reunirse e tratar de axilizar este proceso, a ser posible mediante a figura de proxecto público de especial interese, que recolle a lexislación urbanística galega para este tipo de actuacións.