Rematados os traballos de desbroce na rede viaria de Coristanco

0 minutes read

Estas actuacións, que se realizaron segundo a planificación prevista, tiñan como obxectivo principal mellorar a seguridade viaria, garantir a visibilidade en curvas e interseccións, e previr incendios forestais, especialmente en época estival.

Dende o Concello agradecen a colaboración da veciñanza durante a execución dos traballos e lembran a importancia de manter as marxes das fincas e camiños limpos, tanto por seguridade como por coidado do entorno.

O Goberno local afirma que continúa a traballar de forma activa na mellora e mantemento das infraestruturas municipais, apostando por un rural máis accesible, seguro e sostible.