Rematados os traballos de pavimentación en dous viais de Xaviña, Camariñas

Mejoras en Xaviña_Ayuntamiento de Camariñas

  • As obras do camiño de Agra de Bouzas e a pista que vai do Pedrouzo a Gándara foron financiadas cunha subvención do Agader

O Concello de Camariñas rematou os traballos de renovación do pavimento en dous viais da parroquia de Xaviña: o camiño de Agra de Bouzas e a pista que vai do Pedrouzo a Gándara. O orzamento total destas actuación alcanzou os 39.592,19 euros, dos cales 32.720,82 euros foron subvencionados polo Agader a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

Os traballos incluíron a roza da maleza das cunetas así como a limpeza e perfilado das mesmas. Posteriormente, nivelouse o firme e volveron a asfaltarse os camiños cunha capa de aglomerado. Tamén se construíron salvacunetas para facilitar o acceso ás parcelas agrícolas.