Rematadas as obras da cuberta e mellora térmica do centro de saúde de Mugardos


As obras realizadas no centro de saúde de Mugardos consistiron na substitución da carpintería exterior sen rotura de ponte térmica por unha carpintería con rotura de ponte térmica e novo acristalamento, baixo emisivo e con control solar nas fachadas sur e este e baixo emisivo nas fachadas norte e oeste, ademáis levouse a cabo a mellora térmica da fachada dispoñendo dun sistema de illamento térmico no exterior tipo SATE. A actuación contou cun orzamento de máis de 285.000 euros.
As obras realizadas contemplaron tamén a substitución da cuberta do edificio formada por plazas de fibrocemento en mal estado de conservación por unha cuberta plana transitable cun acabado de lousas illantes. Na planta baixa substituíronse as luminarias existentes de baixa frecuencia por luminarias led e levouse a cabo o pintado de todo o interior do centro. O proxecto tamén contemplou a redistribución da zona de acceso e do mostrador da administración.