Rematan as obras de accesibilidade ás paradas de bus de Novo Mesoiro

A Concellería de Mobilidade do Concello de A Coruña ultima as obras de mellora da accesibilidade nas oito paradas de autobús urbano que realiza a liña 21 no barrio de Novo Mesoiro. A actuación consistiu na ampliación das beirarrúas na zona do andén até a liña de calzada e inclúe unha nova sinalización podotáctil.

Os traballos realizáronse despois de que o equipo de Mobilidade percorrera o barrio o pasado 10 de marzo xunto as persoas representantes da asociación veciñal, as cales lles remitiron un dossier coas principais carencias do servizo do transporte público en Novo Mesoiro. Tras estudalo, decidiron intervir na zona en que tamén teñen proxectada a habilitación este verán dun espazo reservado aos autocares escolares e un novo paso peonil na contorna do futuro colexio. Desde a concellería aseguran que ambas actuacións estarán listas para o inicio do curso escolar, pero que de momento non poden comezalas porque interferirían na obra do centro.