Nos pasados días remataron os traballos realizados en distintas parroquias de Zas co fin de mellorar, por unha parte, a seguridade vial e, por outra, os accesos a vivendas e a explotacións agrarias.
O proxecto, consistiu no asfaltado de 3 treitos de diferentes lonxitudes situados nas parroquias de Loroño, Vilar, San Adrián de Castro e Zas afectando a unha superficie total de 22.174´12m². Os traballos consistiron na limpeza de cunetas e taxeas e na aplicación dun dobre rego asfáltico sobre o firme existente.
Para o Goberno local, encabezado por Manuel Muíño, a conservación e mellora da rede viaria municipal é unha prioridade polo que nos próximos meses levaranse a cabo máis actuacións en diferentes estradas de titularidade municipal.