As intervencións, cun investimento autonómico de preto de 50.000 euros, centráronse nas tarefas de mantemento da pasarela situada no punto quilométrico 0+700 desta vía autonómica, para reforzar e mellorar a súa estrutura de formigón.
Os traballos comezaron pola retirada da vexetación que cubría a parte da estrutura da pasarela e a limpeza con auga a presión da estrutura.
Unha vez acometidas estas tarefas iniciais, procedeuse ao chorreado do formigón, selaxe e a inxección superficial das fisuras e gretas, así como á reparación con morteiro tixotrópico.
Nesta intervención acometeuse tamén a limpeza das armaduras e procedeuse á protección anticorrosión. Deste xeito, aplicouse sobre toda a superficie de formigón unha pintura de protección dos paramentos fronte á acción da carbonatación, os cloruros e a humidade.
Ademais, como parte destes traballos, aplicouse un tratamento con alta resistencia á corrosión sobre a varanda metálica que protexe lateralmente a pasarela.