Rematan as obras de mellora da estrada da Picota a San Xián de Beba, en Mazaricos

A Deputación da Coruña rematou as obras de mellora da estrada DP 4501 da Picota a San Xián de Beba, no termo municipal de Mazaricos.

Os traballos supuxeron un investimento de 239.805 euros para a completa renovación da pavimentación deste vial nun tramo de case catro quilómetros comprendido entre os PK 0+000 e 3+900 mediante o extendido dunha capa de mestura bituminosa en quente de 5 cm. de espesor.

Entre os núcleos da Picota e Vilariño de Beba (PK 0+440 e 1+520) construiuse, pola marxe esquerda da calzada, unha cuneta revestida de formigón con sección rebasable; de xeito que ademáis de cumprir as súas funcións propias de drenaxe poida ser utilizada para o tránsito peonil entre ambos os dous núcleos.

Os traballos incluiron ademáis o pintado das marcas viais, pasos de peóns e sinalización horizontal e a reposición da sinalización vertical en toda a lonxitude do vial, así como a substitución das barandillas e barreiras metálicas de seguridade.