Rematan as obras de mellora do centro de saúde de Bertamiráns

1 minutes read

As obras consistiron en substituír a cuberta e lucernario actuais do centro de saúde co fin de garantir a estanquidade do centro, e abordáronse tamén outras actuacións de mantemento e mellora de pintado interior e exterior do centro, reparación de fachadas, falsos teitos e xanelas, renovación e mellora da iluminación, reparación do pavimento na zona exterior e remodelación da área de recepción e ampliación de acceso, independizando o acceso ao PAC a través da colocación dunha porta corredera e mellora do pavimento. Ademais, realizáronse actuacións nas instalacións para acomodalas á normativa actual, fundamentalmente substituíndo a iluminación por sistemas de maior eficiencia enerxética.