Rematan as obras de mellora do firme da estrada de Baio a Laxe

1 minutes read

A Deputación da Coruña vén de rematar as obras de renovación do firme da estrada provincial DP 4001 de Baio a Laxe, que supuxeron un investimento de 238.491 euros para mellorar o tramo que vai do inicio da vía ao punto quilométrico 5+690.

Os traballos incluíron o fresado completo da travesía da Torre, a demolición dos pavimentos que se atopaban nun estado de deterioración importante e a dotación dunha nova capa de mestura bituminosa en quente de 5 cm de espesor ao longo de todo o tramo.

Tamén se levaron a cabo traballos de apertura de cunetas, roza da maleza e limpeza das beiravías existentes, así como a reposición das marcas das vías e a renovación da sinalización horizontal.