Rematan as obras de mellora nos campos de fútbol municipais de Zas


O Concello de Zas vén de rematar os distintos traballos de mellora realizados nos dous campos de fútbol municipais e que principalmente consistiron en:

  • Instalación de redes protectoras detrás das portarías
  • Limpeza e reparación das canaletas perimetrais do campo de xogo
  • Pintado da estructura e das paredes da cantina

A maiores, no Campo Municipal Platas Reinoso de Baio colocouse céspede artificial dende o terreo de xogo ata os accesos aos vestiarios e instaláronse uns paneis cortaventos que protexen a zona da cantina. Mentras que no Campo de Fútbol Municipal San Andrés de Zas pintaron os muros e realizaron a poda das árbores máis próximas ás instalacións. 

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, achegouse ata as instalacións deportivas para comprobar as actuacións levadas a cabo coas que dan resposta ás peticións dos xogadores e do equipo directivo do CD Concello de Zas, CD Baio e do Sporting Zas.