Rematan as obras de renovación do céspede do campo municipal de Zas

O Concello de Zas vén de investir 176.148,53€ no campo de fútbol municipal San Andrés nunhas obras que se centraron principalmente nas substitución do céspede artificial por outro de última xeración e, ao mesmo tempo, renovouse o equipamento do campo (porterías, rede de rego,…).

Dentro do compromiso do goberno municipal coa mellora das infraestruturas deportivas, nos últimos meses leváronse a cabo actuacións en diferentes instalacións municipais. Entre elas destacan as labores de mantemento realizadas no pasado mes de marzo no campo municipal Platas Reinoso de Baio onde se fixo unha limpeza do terreo de xogo ademais de revisarse todas as xuntas e liñas de xogo e de reparar aquelas que o necesitaron. Tamén se mellorou o perímetro do campo coa limpeza dos canais de recollida de auga así como a substitución das reixas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha