Rematan as obras na AC-445 en Corcubión, no treito coincidente co Camiño de Santiago a Fisterra


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade rematou as obras de mellora de seguridade na estrada AC-445, no treito coincidente coa traza do Camiño de Santiago a Fisterra, ao seu paso polo concello de Corcubión.

A obra contou cun investimento de preto de 17.000 euros para acometer esta intervención que se desenvolveu na contorna do punto quilométrico 3,8.

O proxecto consistiu na construción dunha senda duns 50 metros de lonxitude pola marxe esquerda da estrada.

A actuación tamén incluíu a optimización da sinalización no cruce da estrada ao rematar a senda, colocando dúas bandas transversais de alerta.

Esta é unha das 70 actuacións que se executarán este ano nas vías autonómicas para reforzar a seguridade nas confluencias cos Camiños de Santiago, que suporán un investimento de 1,4 millóns de euros.