Rematan os traballos de aglomerado da estrada Catabois-Mandiá

1 minutes read

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Obras, que dirixe Ana Lamas, vén de rematar os traballos de aglomerado na estrada Catabois-Mandiá, dende o cruce coa AC-116 e ao longo dun tramo de 1,457 quilómetros, nos que se aplicou pavimento asfáltico realizado cunha mestura bituminosa continua en quente. O seu espesor é de seis centímetros e a superficie total que vén de cubrirse é de 7.214 metros cadrados.
A concelleira, que a principios de mes comprobou con responsables da empresa a marcha dos traballos, explicou que con anterioridade ao aglomerado levouse a cabo un traballo de adecuación e posta a nivel da capa de rodaxe coa reparación de fochas e con fresado en varios puntos nos que foi necesario dado que a vía presentaba numerosos danos.
Tras rematar os traballos, Lamas explicou que esta actuación forma parte dos proxectos do Concello dirixidos “a cumprir con nosa firme intención de mellorar a rede viaria da zona rural”.