Remataron os campamentos de verán de Camariñas

Cedida.

Este mércores 31 de agosto, remataron os campamentos de verán do Concello de Camariñas, que sumaron 783 inscricións entre a modalidade de obradoiro de tempo libre e a actividade náutica e que, por primeira vez se levaron a cabo, ademais de en Camariñas, na Ponte do Porto e en Camelle.  

No obradoiro de tempo libre houbo 583 inscritos (365 en Camariñas, 103 na Ponte do Porto e 115 en Camelle) mentres que no campamento náutico foron 200 as persoas que se anotaron (25 por quenda).

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, o concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, e a concelleira Begoña Tajes estiveron cos participantes da última quenda para clausurar os campamentos de verán, que ofrecen unha alternativa de ocio e conciliación á mocidade e ás súas familias, moi necesaria nesta época estival.