23
A Consellería do Medio Rural informou de que rematou a tempada de alto risco de incendios forestais na comunidade. Aínda así, as queimas de restos agrícolas e forestais amoreados seguirán prohibidas en Galicia ata novo aviso, tendo en conta a variabilidade das previsións meteorolóxicas para os vindeiros días. Polo tanto, non se concederán comunicacións nin autorizacións para realizar ditas queimas. A decisión tomouse tendo en conta que a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas así o estimen.