Rematou con éxito a última das formacións incluídas no Programa Integrado de Emprego da Laracha

Un grupo de 14 persoas desempregadas residentes no termo municipal da Laracha participaron activamente no curso de Administración e Xestión, incluído no Programa Integrado de Emprego (PIE) do Concello da Laracha 2024-2025, deseñado para reforzar as súas habilidades profesionais e abrir novas oportunidades no competitivo mercado laboral mediante a aprendizaxe de coñecementos prácticos e funcionais sobre os procesos administrativos que se levan a cabo nunha empresa.

Durante o vindeiro mes de outubro desenvolveranse varios obradoiros centrados en habilidades chave para a busca activa de emprego. As sesións abranguerán temas como a busca de emprego na rede, motivación e autoestima na procura de emprego e intelixencia emocional, ofrecendo ferramentas prácticas e recursos útiles aos participantes do Programa Integrado de Emprego.

O Concello da Laracha, co financiamento da Xunta de Galicia e do Servizo Público de Emprego Estatal, continúa apostando polo desenvolvemento de políticas activas de emprego poñendo en marcha iniciativas como esta, dirixidas a mellorar a formación das persoas que se atopan en situación de desemprego coa finalidade de aumentar as súas opcións de inserción no mercado laboral.

Related posts

O Exército de Israel interceptou na tarde deste mércores a Global Sumud Flotilla

UCIN Galicia esixe á Xunta e ao Concello de Corcubión a activación inmediata do centro de día

Pistacatro, Touriñán e Xampatito Pato, entre outros, protagonizan a segunda semana do FIOT