Rematou na Aula CeMIT de Carballo o terceiro dos catro campamentos de agosto do proxecto CRI-TIC 

Esta semana rematou na Aula CeMIT de Carballo o terceiro dos catro campamentos do proxecto CRI-TIC que se desenvolverán ata finais de agosto, e que teñen como obxectivo mellorar as competencias dixitais da rapazada carballesa. A técnica responsable da Aula CeMIT, Milagros Antelo, fíxolles entrega dos seus diplomas aos 8 mozos e mozas de 13 a 17 anos que participaron na formación.

Este verán duplicouse en Carballo a oferta de campamentos dixitais en colaboración coa Fundación Esplai.

Os grupos teñen un máximo de 12 participantes. O último, para nenos e nenas de 9 a 13 anos, dwsenvolverase do 18 ao 27 de agosto, e está completo. 

En todos os casos, o horario do campamento é de 10.00 a 14.00. Ao longo da formación, os/as participantes abordarán os seguintes contidos:
• Uso responsable e consciente da tecnoloxía e RRSS
• Fake News: fiabilidade da información
• Programación e robótica educativa
• Intelixencia Artificial (IA) e Creatividade Dixital
• Ciberseguridade e prevención do ciberacoso
• Realidade aumentada e realidade virtual
• Actividades lúdicas e lecer saudable


O obxectivo destas actividades, deseñadas e impartidas pola Fundación Esplai, é pechar a fenda social dixital dotando de competencias dixitais a nenos, nenas e adolescentes de 9 a 17 anos. Cada participante completará un itinerario formativo de 30 horas, ao remate das cales recibirá un diploma acreditativo.

Related posts

Cee | XIIª Edición do Programa Educativo Cultural ‘O Mes da Fundación’

Vimianzo acollerá o sábado 3 de outubro unha campaña de limpeza do Río Grande

O luns 15 comeza o período voluntario de pago anual dos impostos en Carballo