Tal e como trasladou o 112 Galicia, foi un particular quen alertou ás 8:40 horas deste luns da presenza do cetáceo no areal. Emerxencias pasou o aviso a Salvamento Marítimo, á Garda Civil, a Policía local, Protección Civil de Arteixo e Gardacostas de Galicia. A balea duns seis metros tivo que ser remolcada a mar aberto tras aparecer varada na praia de Sabón, en Arteixo.
Segundo ampliou Salvamento Marítimo, Protección Civil alertou os Controladores Marítimos da Coruña, solicitando asistencia para remolcar o animal, que se atopaba próximo ao dique do porto exterior.
Ata o punto desprazouse a embarcación de rescate Salvamar Betelgeuse, que remolcou á balea. Finalmente, ás 11:40 horas o cetáceo xa non se atopaba varado, pero en coordinación coa Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), atópase baixo vixilancia para ver se ten autonomía para poder nadar.