Remolcado ata Ferrol o «Sempre Güeto»

Salvamento Marítimo confirmou este sábado que o Sempre Güeto xa está no porto de Ferrol. As causas do accidente non están claras. Entre que o patrón detectou e comunicou por radio que o barco se escoraba e que non era posible endereitalo ata que se perdeu a comunicación e a embarcación quedou do revés, coa quilla á vista, pasou moi pouco tempo. O barco ten 22 metros de eslora, é pequeno, pero á hora da traxedia barcos aínda máis pequenos navegaron sen problemas nas mesmas augas. Segundo Salvamento Marítimo había mar de fondo, vento do nordés de forza sete e ondas de ata tres metros. O naufraxio produciuse o xoves ás dúas da tarde.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha