Remolcado un pesqueiro de Malpica que quedou sen goberno preto dos baixos de Baldaio

0 minutes read

Salvamento Marítimo informou que o pesqueiro ‘Ronsel Dos’, de nove metros de eslora e con base no porto de Malpica, solicitou axuda pola canle 16 de VHF, usada habitualmente para emerxencias, ao atoparse sen goberno, debido a unha avaría do motor. Ao lugar desprazouse a Salvamar Betelgeuse que procedeu a remolcar ao pesqueiro ao porto da Coruña e tamén aos seus tres tripulantes que levaba a bordo e que non sufriron danos.