19
Salvamento Marítimo tivo que asistir este luns a catro veleiros que estaban a ser atacados por un grupo de orcas a seis millas ao noroeste da costa de Malpica. As embarcacións LS Bianca, de Cruz Vermella, e Salvamar Betelguse tamén participaron no rescate. As embarcacións asistidas foron Westwind, Fetinalente e The Shift, de Holanda, Inglaterra, Francia e outra de Noruega, que quedaron sen goberno pola interacción dos cetáceos. En todas elas atopábanse dúas persoas a bordo.